• Se tes un proxecto, gustaríanos apoialo
    Se tes un proxecto, gustaríanos apoialo
    Somos unha plataforma que conecta o talento audiovisual galego con
    socios e socias da Academia especializados en distintas áreas
  • Es creador ou creadora audiovisual en Galicia?
    Es creador ou creadora audiovisual en Galicia?
    ACO proporciónache un servizo de asesoramento gratuíto se tes un proxecto
    en fase de desenvolvemento ou produción avanzada
  • Es socio da Academia?
    Es socio da Academia?
    Daquela tamén podes beneficiarte de asesoramento profesional
    en cuestións fiscais, laborais ou xurídicas
ASESORAMENTO PRO

ASESORAMENTO PRO

Un servizo gratuíto para creadoras e creadores con proxectos en fase de desenvolvemento ou produción avanzada.


+ info

CONSULTORÍA FLX

CONSULTORÍA FLX

Asesoramento profesional en cuestións fiscais, laborais e xurídicas exclusivo para socios e socias da Academia.


+ info

Asesores e asesoras

Coñece aos socios e socias da Academia que aportan a súa experiencia nas diferentes áreas.

  • Beli Martínez

    Beli Martínez

    Produtora, docente e programadora, é Doutora en Comunicación Audiovisual coa primeira tese de estudio sobre o Novo Cinema Galego. A súa carreira como produtora inclúe as longametraxes Arraianos de Eloy Enciso, Vikingland de Xurxo Chirro e Jet Lag de Eloy Domínguez Serén e os proxectos Cinema e Muller e Socheo.


    Cinema

    Cinema

  • Dani Froiz

    Dani Froiz

    Fundador de Matriuska Producciones, empresa coa que produce traballos de imaxe real e animación, os seus proxectos foron seleccionados e premiados en citas internacionais como o SEIFF, o Festival de Málaga e o New York City International Film Festival, entre outros.


    Cinema

    Cinema

  • Felipe Lage

    Felipe Lage

    Fundador e director de Zeitun Films, é responsable da produción dalgunhas das principais obras encadradas na corrente do Novo Cinema Galego, proxectadas e premiadas en festivais de relevancia internacional como Rotterdam, Locarno, Jeonju, Busan, Ficunam ou Sevilla.


    Cinema

    Cinema

  • Luisa Romeo

    Luisa Romeo

    Fundadora e produtora de Frida Films, empresa especializada en longametraxes e documentais de cine de autor. O seu obxectivo é producir películas con potencial comercial e relevancia internacional. Membro da Directiva de AGAPI e da Academia Galega do Audiovisual.


    Cinema

    Cinema

  • Araceli Gonda

    Araceli Gonda

    Guionista de series de televisión, programas de entretemento e longametraxes, escritora de teatro e libros infantís, gañou o Mestre Mateo ao Mellor Guión polo seu traballo en 18 comidas. Foi profesora de guión na Universidade de Santiago de Compostela.


    Formatos televisivos

    Formatos televisivos

  • Pepe Coira

    Pepe Coira

    Profesional independente, guionista e produtor executivo de numerosas producións, tanto de ficción coma documentais. Desde 2010 traballa en Portocabo e imparte clases no Máster de Produción e Xestión Audiovisual da UDC desde a súa creación ata o día de hoxe.


    Formatos televisivos

    Formatos televisivos

  • Puri Seixido

    Puri Seixido

    Formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña e traballa como escaletista, dialoguista e editora de guión en obras audiovisuais de referencia como Mareas Vivas. Guionista de series e películas para televisión, foi vicepresidenta da Asociación Galega de Guionistas.


    Formatos televisivos

    Formatos televisivos

  • Sonia Méndez

    Sonia Méndez

    Formada en interpretación, guión, dirección de actores e realización. Dirixe dende 2014 o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Co-produciu, guionizou e co-protagonizou a serie web Angélica y Roberta, premio Mestre Mateo en 2013.


    Formatos televisivos

    Formatos televisivos

  • María Yáñez

    María Yáñez

    Xornalista, investigadora e produtora de contidos dixitais, cunha traxectoria de máis de quince anos en cine, televisión e internet, sobre todo explorando as interseccións entre estes medios, coordina as actividades do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay.


    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

  • Adolfo Ponte

    Adolfo Ponte

    Produtor, guionista e creativo de cine, tv, vídeo, internet e videoxogos. Foi responsable de desenvolvemento en empresas como Filmax, Massvisual, InnoAV e Dmntia, produtor en Randm e The other side films e produtor executivo das series Paquita Salas e Dorien (Playz).


    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

  • Luz Castro

    Luz Castro

    Socia fundadora de imaxin|software, onde dirixe a área de desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia. Co-fundadora de Videoxogos.gal e de Startup Galicia, é membro do comité de dirección do Cluster TIC de Galicia e promotora da LaconNetwork.


    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

  • Alfonso Martínez

    Alfonso Martínez

    Licenciado en Dereito e MBA pola Escola de Negocios IESIDE, é actualmente Director Xeral da axencia de medios Ingenio Media, unha axencia especializada en axudar aos anunciantes a rendibilizar a súa inversión publicitaria mediante a planificación estratéxica da súa comunicación.


    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

    Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

  • Belén Montero

    Belén Montero

    Co-fundadora e co-directora de Esferobite, empresa de proxectos audiovisuais para internet e multimedia, e do colectivo DSK, especializado en proxectos experimentais de arte visual e música. A súa proposta indaga na capacidade de adaptación do audiovisual aos novos formatos en rede e á expansión do medio.


    Creación audiovisual contemporánea

    Creación audiovisual contemporánea

  • Carme Nogueira

    Carme Nogueira

    Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutora pola Universidade de Vigo, foi docente e investigadora nesta ultima. É autora de publicacións, artigos e conferencias sobre a representación e a identidade. Realizou proxectos en países como Chile, Francia ou Alemaña.


    Creación audiovisual contemporánea

    Creación audiovisual contemporánea

  • María Ruido

    María Ruido

    Artista, realizadora, investigadora e docente. Vive entre Madrid e Barcelona, onde é profesora no Departamento de Arte e Cultura Visual da Universitat de Barcelona. Participou en exposicións individuais e colectivas e en festivais de cinema e vídeo de todo o mundo.


    Creación audiovisual contemporánea

    Creación audiovisual contemporánea

  • Xisela Franco

    Xisela Franco

    Cineasta, documentalista e docente. Licenciada en Comunicación Audiovisual e Humanidades en UEM-CEES e Máster Fine Arts in Film na Universidade de York. En total ten dirixido e guionizado máis de vinte documentais e pezas de cine experimental baixo a etiqueta de cine migrante.


    Creación audiovisual contemporánea

    Creación audiovisual contemporánea

  • Andrea Franco

    Andrea Franco

    Licenciada en Xornalismo, Posgrao en Crítica de Cinema e Doutora cum laude cunha tese sobre a cidade no cinema iberoamericano contemporáneo. Membro de CAMIRA dende 2017 é asesora de programación do Festival Internacional de Cine de Ourense.


    Produción avanzada

    Produción avanzada

  • Víctor Paz Morandeira

    Víctor Paz Morandeira

    Xornalista especializado en cine, é fundador da revista A Cuarta Parede e colaborador habitual de El séptimo vicio de Radio 3 e outros medios. Forma parte do equipo de programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) - Filmoteca de Galicia.


    Produción avanzada

    Produción avanzada

  • José Manuel López

    José Manuel López

    Crítico, docente e programador cinematográfico, foi membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine. Colabora con diferentes revistas cinematográficas e ten impartido conferencias no Master LAV, a ESCAC, o CGAI, a SEMINCI, o Festival de Málaga ou o Centro de las Artes de Sevilla.


    Produción avanzada

    Produción avanzada

ÁREAS DE ASESORAMENTO ACO

Cinema

Cinema

Longametraxes e curtametraxes de ficción e non-ficción

ASESORES/AS

Beli Martínez

Dani Froiz

Felipe Lage

Luisa Romeo

Creación audiovisual contemporánea

Creación audiovisual contemporánea

Cine de museo, videocreacións e instalacións

ASESORES/AS

Belén Montero

Carme Nogueira

María Ruido

Xisela Franco

Formatos televisivos

Formatos televisivos

Ficción unitaria ou seriada, web series, programas informativos, deportivos ou de entretemento

ASESORES/AS

Araceli Gonda

Pepe Coira

Puri Seixido

Sonia Méndez

Produción avanzada

Produción avanzada

Proxectos na etapa previa á súa estrea, distribución ou comercialización

ASESORES/AS

Andrea Franco

Víctor Paz Morandeira

José Manuel López

Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

Narrativas interactivas, transmedia e videoxogos

Proxectos que implican interacción por parte de usuarios e usuarias

ASESORES/AS

María Yáñez

Adolfo Ponte

Luz Castro

Alfonso Martínez

CONSULTORÍA FISCAL, LABORAL E XURÍDICA

CONSULTORÍA FISCAL, LABORAL E XURÍDICA

Servizo de Consultoría FLX para os socios e socias da Academia Galega do Audiovisual.

CONSULTORÍA FISCAL, LABORAL E XURÍDICA